Cargando resultados...
Delio Fernández perde o liderado da Volta a Portugal
Delio Fernández perde o liderado da Volta a Portugal
Agora o líder é o ruso Artem Nych, do Glassdrive Q8 Anicolor
G24.gal
15/08/2023 18:43
Última actualización 15/08/2023 19:14
O moañés Delio Fernández perdeu o liderado da Volta a Portugal a falta de catro etapas. Agora o líder é o ruso Artem Nych que lle saca 27 segundos de vantaxe ao ciclista galego que agora é segundo.
A sexta etapa da Volta a Portugal gañouna Luis Ángel Maté, do Esukaltel. A sétima etapa dispútase este mércores e unirá as localidades de Torre de Moncorvo e Montalegre nunha viaxe de 162,6 quilómetros
Na xornada de onte, Delio gañou na Torre, na Serra da Estrela, no Mont Ventoux portugués, por segunda vez. Foi a cuarta etapa que gaña na proba lusa.