Publicador de contidos
Publicador de contidos

Demandan un local de ensaio en Ourense para a mocidade

Demandan un local de ensaio en Ourense para a mocidade

Tras o peche do espazo Lusquiños, os grupos locais quedaron sen un lugar de referencia no que, ademais de ensaiaren, facían comunidade

G24.gal 24/06/2024 14:18

No lugar onde ata hai un ano quedaban para ensaiaren, hoxe reúnense para facerse oír.

"Non todos os mozos queremos saír de festa todas as findes, senón que algúns queremos que abra porque o precisamos", sinala Galilea.

Trátase dun espazo de titularidade municipal, inaugurado en 2015, con locais de ensaio e un estudio de gravación. Pechou en febreiro do ano pasado e, desde entón, así segue.

"Empezamos a ensaiar coma de costume, ata que un día nos dixeron que había reformas e, ata hoxe". "Había salas de ensaio con todo o material: amplificadores, micrófonos, baterías acústicas case novas... e un estudo de gravacións", comentan Xan Carlos e María.

Só neste pequeno grupo hai representadas media ducia de bandas, a maioría co rock como bandeira. Soñaban desde este espazo con conquistar algún día os escenarios.

"Moitos de nós coñecémonos grazas a esta música". "Ourense precisaba espazos coma este para que a mocidade desenvolva o seu talento. Sería algo positivo para todos nós e para a cidade no seu conxunto", din Xoán e María.

Mentres o equipamento do espazo Lusquiños acumula po no interior, estes músicos sen carteira teñen que buscar lugares alternativos para ensaiar.

"Moitos tivemos que recorrer aos pais para pagar o alugueiro ou comprar batería ou para a casa da aldea as findes...", explica Galilea.

Tamén había, sinalan, salas para outras actividades de lecer, desde futbolín a videoxogos, agora tamén pechadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade