Publicador de contidos
Publicador de contidos

Demoras de mes e medio para renovar o DNI en varias comisarías de Galicia

Demoras de mes e medio para renovar o DNI en varias comisarías de Galicia

A moita xente non lle queda outra que peregrinar polas comisarías fóra da súa cidade
 

A comisaría de Vigo citaba hoxe para o 14 de setembro
G24.gal 01/08/2022 14:47

 "Máis ou menos o 28 de xuño pedimos a vez. Non había nin en Ourense, nin en Pontevedra, nin aquí, entón ata hoxe era a primeira que me puideron dar", comentaba unha muller diante da comisaría de Vigo.

A esa muller urxíalle renovar o DNI para realizar os trámites de defunción do seu home. A cita demorouse máis dun mes. Coma ela son moitos os cidadáns que se atopan con este problema

"Demasiado, paréceme fatal sobre todo a xente que vén de vacacións un días e ten que renovalo e ten que axilizar, paréceme moito", apuntaba outra.

As citas que se están dando hoxe en Vigo son para o 14 de setembro, salvo que haxa algún oco por reforzo ou por unha anulación.

"Cando pedín debeu de cancelar alguén e entón agardei 10 días soamente pero senón igual un mes ou mes e medio si que son", explica un mozo.

E non só hai que agardar para conseguir unha cita, nalgúns casos  tamén para ser atendidos.

"Cheo, está a rebentar, non sei aí ten que haber descontrol ou non hai xente traballando ou non querer traballar", protesta un señor.

O SUP lamenta esta situación e denuncia a falta de previsión que hai sempre cando chega o verán.

 "Temos agora mesmo unha lista de espera de mes e medio tanto en Pontevedra como en Vigo e o que necesitan os cidadáns é unha solución. Dende o Sindicato Unificado de Policía o que pedimos é que haxa servizos extraordinarios para que os compañeiros que están libres de servizo poidan facer DNI e pasaportes que é o máis demandado durante o período de vacacións, tanto polas vacacións como que os nenos están sen cole e a xente aproveita para facer os primeiros DNI dos seus fillos", denuncia Sandra Fernández, secretaria provincial do SUP.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade