Publicador de contidos
Publicador de contidos

Demostran cientificamente que as boas relacións persoais favorecen a saúde

Demostran cientificamente que as boas relacións persoais favorecen a saúde

Non estudo da Universiade de Harvard participaron máis de 150.000 persoas durante máis de 70 anos e demostrouse que a actitude optimista ten correlación coa lonxevidade

G24.gal 21/02/2023 08:56 Última actualización 21/02/2023 09:38

Un estudo da Universidade de Harvard conclúe que o segredo da lonxevidade pode ser o optimismo. Non se trata dunha cuestión simplista, senón da constatación científica de que a calidade das relacións interpersoais ten un impacto directo sobre a nosa saúde. Por iso deben coidarse, o mesmo que facemos coa dieta ou o exercicio físico.

No estudo observou que as persoas que arrastran falta de apoio emocional adoitan ter peor saúde e que a soidade que nos deteriora fisicamente non é cousa só de persoas maiores.

"Os adultos, que estamos no traballo día a día, tamén estamos moi sós porque son relacións baseadas nas présas, na funcionalidade, na produtividade. E a solidariedade agora tamén parecera que está dixitalizada. Hai sensación dun apoio que si, está rexistrado e hai datos, pero non hai tacto, non hai presenza, non hai compartir", reflexiona Carmen González Hermo, a vicesecretaria do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia.

Que a falta de apoio emocional deteriora a nosa saúde demóstrase agora cientificamente. Aínda que popularmente xa fose unha evidencia que a relación con algunhas persoas ou lidar con algunhas situacións nos pode enfermar. A maioría, xa antes do estudo, consideraba unha evidencia que é importante fomentar unha boa comunicación e que os conflitos e os problemas de relacións poden acurtar a vida.

As boas relacións, as auténticas, son o ámbito onde coidarnos. O seu cultivo, din os expertos de Harvard, é fundamental para unha vida sa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade