Publicador de contidos
Publicador de contidos

Confusión na aplicación dos bonos gratuítos do tren entre Ourense e Santiago

Confusión na aplicación dos bonos gratuítos do tren entre Ourense e Santiago

Xa se poden adquirir os bonos, pero aínda non se poden empregar

Os que adquiriron os abonos ao 50 % poderán reclamar os cartos a partir de xaneiro

Abono recorrente para a liña Ourense a Santiago Abono recorrente para a liña Ourense a Santiago
G24.gal 06/09/2022 15:03

"A partir de hoxe coa fianza de 20 euros xa podes sacar o bono para viaxar gratuitamente ata o 31 de decembro", conta un mozo

Iso pensaban todos, pero non foi así, polo que esta mañá reinaba a confusión na estación de Ourense. E é que se poden adquirir xa os abonos de balde, pero aínda non se poden trocar. Hai que agardar a que a medida entre en vigor, seguramente ao longo do día de hoxe. Aos que o viaxaron dende Santiago déronlles un xustificante para viaxar de balde.

De calquera xeito este tramo é de balde con carácter retroactivo dende o día 1 de setembro e aos que aboaron o 50 por cento devolveranlles os cartos a partir de de xaneiro.

O Goberno tivo que rectificar e facer gratuíta esta liña, que en principio estaba subvencionada ao 50 %,  polas críticas recibidas ante o agravio comparativo con outros territorios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade