Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian o alcalde de Pol por unha suposta agresión durante un partido de fútbol

Denuncian o alcalde de Pol por unha suposta agresión durante un partido de fútbol

O socialista Lino Rodríguez nega os feitos, pero o árbitro recólleos na acta do partido

Axentes da Garda Civil tiveron que suxeitalo cando o denunciante abandonaba o lugar

Momento en que os axentes suxeitan o alcalde de Pol mentres o denunciante abandona o lugar
G24.gal 09/05/2022 14:27

Un afeccionado do Portomarín abandonaba a bancada e a Garda Civil agarraba o alcalde de Pol para que non fose tras del. O mozo acusa o socialista Lino Rodríguez de agredilo durante un partido de fútbol.

O mozo achegou un parte de lesións e tamén a acta arbitral, en que o colexiado di que parou o partido por mor desa agresión. O denunciado négao e deféndese asegurando que avisou en varias ocasións de que os afeccionados non podían estar alí por motivos de seguridade.

O alcalde de Pol amosouse disposto a prestar declaración para aclarar os feitos denunciados polo mozo na Garda Civil de Meira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade