Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncia que o abandono da vivenda contigua pon a súa casa vulnerable

Denuncia que o abandono da vivenda contigua pon a súa casa vulnerable

A fachada principal dos inmobles da ao céntrico Cantón de San Roque de Melide

Imaxe deste martes do soar obxecto da denuncia desde a fachada que dá á rúa Monterroso
G24.gal 09/05/2023 13:41 Última actualización 09/05/2023 14:20

O que quedou tras o incendio dun inmoble no Cantón de San Roque en Melide tres anos despois do suceso, causa de preocupación para o matrimonio de octoxenarios que vive na casa do lado. Quen nolo conta é a muller, Maruja, que nos atende na fachada que dá á rúa Monterroso. O acceso ao soar está aberto, logo de que nun acto vandálico alguén cortara o cadeado.

"Desde que houbo o incendio, isto está completamente abandonado. Non o pechan por detrás e temos medo. Medo a que entren na miña casa", di Maruja Carregal Ríos.

Insiste en que o que quere é que o lugar estea sen maleza e que o acceso non está dispoñible a calquera. Di que así o ten reclamado a través do Concello:

"Puxen máis que unha queixa. Xa hai meses, e a última creo que foi en abril. O que quero é que pechen aquí e que limpen isto, porque cando seca, aínda que as pedras non arden, aquí hai bichería...".

Desde a Alcaldía de Melide dixéronnos que teñen requirido ao propietario para o correcto mantemento do seu terreo, xa que se trata dunha propiedade privada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade