Denuncian a perigosidade dun desprendemento na estrada que une Mondariz con Covelo
Denuncian a perigosidade dun desprendemento na estrada que une Mondariz con Covelo
Senten moita inseguridade cando circulan por esta vía
Hai máis dun ano as fortes chuvias provocaron un desprendemento na estrada que une os concellos de Mondariz e Covelo á altura do quilómetro cinco. Dende entón nada se fixo e os veciños da zona están preocupados. Senten moita inseguridade cando circulan por esta vía, tamén frecuentada por autobuses escolares e de liñas regulares.
Din que ás veces invaden o carril contrario para non pasar preto do desnivel, duns doce metros de altura, pero é unha manobra moi perigosa pola proximidade dunha curva e o mal estado do asfalto. Os veciños contactaron coas administracións responsables, pero seguen sen resposta.
O único que fixeron nun ano foi sinalizar o desprendemento. Os afectados están fartos da espera e agardan que a solución chegue antes de que se produza algún accidente grave.