Denuncian a presenza de pulgas pola desatención dunha colonia de gatos
Denuncian a presenza de pulgas pola desatención dunha colonia de gatos
O estado de abandono deste terreo está a provocar malestar entre a veciñanza
Malestar de varios veciños polo estado de abandono dun terreo situado na vía principal de Vilagarcía, na avenida Xoán Carlos I. Amais do lixo e da maleza, din que unha colonia de gatos está a provocar a presenza de pulgas.
"Isto leva así hai anos. Enviáronse varias cartas ao Concello explicando o problema. Isto é unha infesta, está che o de pulgas eu teño o brazo, que agora o teño curado, cheo de picadas e coma min, xente que é alérxica", explica unha das veciñas afectadas.
O estado de abandono deste terreo está a provocar malestar entre a veciñanza. Din que a presenza de colonias de gatos converteuse xa nun problema de insalubridade.
"Non entendemos isto de colocar os comedeiros e bebedeiros para os gatos", indican, pois cren que isto atrae outros animais como ratas e gaivotas que comen os alimentos que deixan.
Tamén a maleza e o lixo que se acumula fai que a presenza doutros animais como as ratas sexa habitual, e amais preocupa o mal estado da edificación que ocupa o terreo. Quéixase neste senso un veciño, "non podes ter aí un edificio así, que se poida derrubar o día de mañá. A maleza é incómoda pero hai moitas rúas por aí igual, pero iso límpase".
Xa foron varios os veciños que trasladaron as súas queixas ao Concello, pero polo de agora non recibiron resposta nin solución.