Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian a proliferación de pisos turísticos ilegais no Camiño Francés

Denuncian a proliferación de pisos turísticos ilegais no Camiño Francés

Os albergues privados demandan un maior control para evitar a competencia desleal

Félix Aragunde 12/05/2023 14:11 Última actualización 12/05/2023 14:30

Non están rexistrados e carecen de licenza de actividade. Así son os pisos turísticos ilegais que cada vez proliferan máis no Camiño Francés. Os seus clientes adoitan ser peregrinos estranxeiros.

Alejandro García, hospitaleiro: "Os prexudicados son tamén os propios peregrinos que usan esa canle, pero tamén os negocios que facemos as cousas de forma legal. Hai unha serie de persoas, que cada vez son máis, que se están aproveitando economicamente". 

Os aloxamentos ilegais chegan mesmo a ofertarse por cuartos, unha práctica non permitida nos pisos turísticos. Desta forma poden ofrecer prezos máis baixos, ao tempo que obteñen maiores beneficios. Dende o sector, por tanto, demandan un maior control. 

Alejandro García, hospitaleiro: "Fannos unha competencia incontrolada e absolutamente desleal. Pagamos os nosos impostos e desenvolvemos unha actividade completamente regulada. Quen o ten que denunciar é a Administración".

Pola súa parte, dende a Xunta aseguran que as reclamacións polos pisos turísticos non rexistrados son escasas. Neste sentido, os negocios legais sinalan que este tipo de aloxamentos resultan difíciles de detectar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade