Denuncian a proliferación de ratas na contorna do parque da Coca de Vilagarcía
Denuncian a proliferación de ratas na contorna do parque da Coca de Vilagarcía
A Asociación Veciñal Fonte da Coca asegura que o problema se debe a unha leira próxima ao parque que leva moito tempo sen limpar
Ratas de gran tamaño, como as que se ven nas imaxes, provocan as queixas dunha asociación veciñal de Vilagarcía.
"Temos unha praga de ratas impresionante, son de gran tamaño. Están entrando nas casa dos veciños e comendo os froitos das árbores", comenta Óscar Rey, presidente da Asociación veciñal Fonte da Coca.
Denuncian que as ratas veñen dunha leira próxima que leva moito tempo sen limpar.
“Que a autoridade competente tome medidas, que fumiguen a leira para eliminar as ratas e, sobre todo, que a limpen” di o presidente da Asociación veciñal Fonte da Coca.
O parque da Coca, situado nunha zona céntrica de Vilagarcía, é unha zona habitual de paseo e de xogos infantís.
“Hai un parque infantil, hai moitos nenos e moita xente que vén paseando cos cans, e é un perigo”, asegura Celia Dasilva, tesoureira da Asociación Veciñal Fonte da Coca.
“As ratas traen enfermidades. Un día van morder un neno ou calquera cidadán que se achegue ata a fonte da Coca a coller auga, e imos ter un problema”, explica Óscar Rey.
A asociación veciñal denunciou o problema por última vez este verán ante o Concello de Vilagarcía.