Cargando resultados...
Denuncian a presenza de ratas no barrio histórico de Vigo
Denuncian a presenza de ratas no barrio histórico de Vigo
Os predios abandonados e tapiados e a proliferación de eventos e turistas que incrementan o lixo poden ser a orixe do problema
G24.gal
09/08/2024 13:16
Veciños da zona alta do barrio histórico de Vigo entre a Casa do Concello e a Porta do Sol denuncian a presenza de ratas na zona. Sobre todo pola noite. Nalgunhas vivendas non poden durmir polo ruído que fan os animais pola noite.
As rúas máis afectadas son Segunda República, Cruz Verde e Abeleira Menéndez. Hai campañas de desratización pero moitos consideran que a orixe ou o criadeiro dos roedores pode estar nun predio tapado e abandonado da zona por iso o problema non desaparece.
A proliferación de eventos e turistas tamén multiplica a xeración de refugallos dos que se alimentan estes animais.