Veciños do Ensanche de Santiago denuncian malos cheiros, presenza de ratas e 'trapicheo'
Veciños do Ensanche de Santiago denuncian malos cheiros, presenza de ratas e 'trapicheo'
Outros residentes din que estes feitos son puntuais e aseguran estar máis preocupados polos capítulos de vandalismo que padecen algúns negocios
O parque de Agros de Ramírez sitúase na contorna da praza Roxa de Santiago, en pleno epicentro do Ensanche. Os residentes critican o esquecemento que viven desde hai anos e quéixanse dos malos cheiros, do lixo que deixan as reunións dos rapaces máis novos e mesmo do tráfico de estupefacientes.
Outros veciños din que estes feitos son puntuais e aseguran estar máis preocupados polos capítulos de vandalismo nos negocios que rodean a praza e polas ratas que transitan pola zona, onde ademais hai un parque infantil moi frecuentado.
A asociación de veciños do Ensanche tivo xuntanzas con varios gobernos municipais, coa Policía Local e coa Nacional, e volven pedir que tomen máis medidas ao respecto.
Desde os anos 90 esta contorna sempre foi punto de encontro da mocidade ao estar algo escondida con soportais e bancos para sentar. Os veciños piden que, cando menos, se manteña libre de malos cheiros e do lixo que deixan estas xuntanzas, sobre todo cando hai festas e celebracións na cidade.