Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian agresións sexuais na festa posterior á gala dos premios Feroz

Denuncian agresións sexuais na festa posterior á gala dos premios Feroz

A policía detivo o produtor de cine Javier Pérez Santana, que pasou xa á disposición xudicial

Investigan outro home por participar presuntamente nas agresións 

Unha das denunciantes é a actriz Jedet

 

G24.gal 29/01/2023 21:12 Última actualización 30/01/2023 07:57

A Policía Nacional investiga dúas presuntas agresións sexuais a un home e unha muller na festa posterior á gala dos premios Feroz celebrados o sábado á noite en Zaragoza.

As presuntas agresións sexuais producíronse entre as catro e as seis da madrugada nesa festa posterior, á que acudiron unhas 200 persoas.

Este domingo formalizáronse as denuncias ante a Policía Nacional. Polo momento hai un detido. É o produtor de cine Javier Pérez Santana, de 55 anos, que pasou o domingo á tarde á disposición xudicial.

A Policía Nacional investiga outro home como posible participante na agresión, tamén membro do equipo da película de Santana, candidata desa noite.

As vítimas das presuntas agresións son un home e unha muller. Polo momento transcendeu nos medios de comunicación o nome da actriz Jedet como unha das denunciantes.

Varias testemuñas relataron que viron como o detido, nun estado alterado, "bicaba e tocaba" varias persoas sen o seu permiso. O equipo de seguridade do evento tivo que intervir tras coñecer os feitos.

A Unidade de Atención á Familia e a Muller fíxose cargo da investigación.

A Asociación de Informadores Cinematográficos de España, organizadora da gala, condenou as agresións e anunciou que, unha vez que se esclarezan os feitos, os autores das agresións serán vetados nos premios Feroz e en todas as súas actividades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade