Denuncian continuas pelexas en Narón con armas brancas e de fogo
Denuncian continuas pelexas en Narón con armas brancas e de fogo
Os residentes dun barrio de Narón explican que viron como un home tiña a outro medio tombado sobre o capó dun coche ao que lle estaba apuntando cunha pistola no pescozo
O medo vai en aumento entre os veciños dun barrio de Narón. Contan que as pelexas con armas brancas e de fogo nas inmediacións dunha discoteca sucédense cada fin de semana. Na última, a madrugada do domingo ao luns, viron como un home apuntaba a outro cunha pistola na cabeza.
Xusto a noite anterior producíase outra liorta multitudinaria. E todo isto, explican, cando aínda non se recuperaron da inseguridade que sentiron a medianoite do pasado 1 de xaneiro tras escoitar tres disparos e comprobar despois que unha bala deixara un burato nun portal.
Desde o Concello informáronnos de que se van intensificar os controis preventivos e os rexistros coa finalidade de rematar con todos estes episodios violentos.