Denuncian o mal estado da A-6 e piden maiores orzamentos para o seu arranxo
Denuncian o mal estado da A-6 e piden maiores orzamentos para o seu arranxo
Os usuarios levan tempo denunciando os danos que o mal estado do firme fai nos vehículos
Membros do PP de Lugo esixen máis seguridade na vía ao Ministerio de Transportes
O mal estado de conservación da autovía A-6, o eixe principal de comunicación da Coruña e Lugo coa meseta, segue a provocar as queixas dos condutores e dos concellos polos que transcorre. En municipios como Baralla, Becerreá ou Pedrafita do Cebreiro son numerosos os condutores que aseguran que sufriron picadas nas rodas e danos nos vehículos polas fochancas e a deterioración do pavimento.
Esta mañá a presidenta provincial do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, acompañada doutros membros da formación, denunciaba a inseguridade para os usuarios e reclamaba máis orzamento ao Ministerio de Transportes para o arranxo da vía.
"Reivindicamos que se tome en serio a seguridade dos usuarios dunha vía transcendental para a provincia e para Galicia. Pedimos máis orzamento e que se restableza a seguridade dunha vía que está absolutamente estragada", asegurou Elena Candia.