Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian o uso de trampas ilegais no Barbanza para cazar animais

Denuncian o uso de trampas ilegais no Barbanza para cazar animais

Unha cadela extraviada en Ribeira volveu á casa malferida e arrastrando un lazo de aceiro 

Os lazos non están permitidos pero na canceira din que se seguen usando contra os xabarís

G24.gal 12/02/2024 14:35

Paca desapareceu un domingo da súa casa de Olveira en Ribeira e cando reapareceu, cinco días despois, o seu estado era moi distinto. 

"Apareceu moito máis delgadiña rodeada dun arame gordísimo, un lazo que lle estaba cortando o pescozo, incrustado, e na zona da cadeira".

Desde Los olvidados de la Perrera, a organización que xestiona a canceira de Ribeira, colaboraron coa dona de Paca na súa busca, rastrexando a zona e tamén pedindo colaboración desde as súas redes. Agora que apareceu utilizan o seu caso para denunciar o uso destas trampas ilegais.

Parece que este tipo de lazo de aceiro está destinado aos xabarís, pero desde a canceira recalcan que como evidencia o caso de Paca pode supor un grave risco para outros animais e tamén para a persoas que anden polo monte. 

As feridas de Paca foron divulgadas no facebook de Los olvidados de la Perrera de Ribeira As feridas de Paca foron divulgadas no facebook de Los olvidados de la Perrera de Ribeira

Desde a canceira de Ribeira aproveitan para denunciar tamén outros tipos de maltrato e abandono dos animais. Actualmente teñen 20 cans agardando por unha adopción. Neste momento buscan especialmente unha casa de acollida urxente para Honey e Elliot, dous cans que chegaron moi danados e que precisan un sitio máis quente para recuperarse mellor. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade