Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian problemas cos camións nun paso estreito da Espiñeira, en Foz

Denuncian problemas cos camións nun paso estreito da Espiñeira, en Foz

Os veciños reclaman mellorar a sinalización e limitar o paso de vehículos pesados

Félix Aragunde 17/05/2023 14:02

A cada pouco repítese o mesmo problema nunha curva estreita que atravesa o lugar da Espiñeira, en Foz. Os camións máis longos acaban atascados no paso, cos conseguintes danos nas fachadas das casas, nos hórreos, nos cables ou mesmo nos coches aparcados.

Os veciños achácano aos fallos no GPS e a unha sinalización obsoleta. Levan tempo queixándose a diversos organismos reclamando solucións. Xa enviaron escritos á Deputación, titular da estrada, ao Ministerio de Transportes e mais ao Defensor do Pobo, que admitiu a trámite a denuncia.

Entre os vehículos pesados que non deron virado neste paso estreito chegou a haber incluso camións articulados de 40 toneladas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade