Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian que as obras do cemiterio lle atravesaron o panteón familiar cunha tubaxe

Denuncian que as obras do cemiterio lle atravesaron o panteón familiar cunha tubaxe

Unha familia de Negueira de Ramuín di que perforaron a súa sepultura para desaugar as pluviais do camposanto

Os afectados pregúntase onde están os restos dos seus avós soterrados nesa tumba

A comunidade de montes que encargou as obras di que teñen todas as licenzas e que foi a mellor proposta da construtora

G24.gal 09/06/2022 13:23 Última actualización 09/06/2022 14:14

Unha familia da Alberguería, no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, denuncia que lle profanaron o seu panteón atravesándo cunha tubaxe dunhas obras de saneamento que están a facer no cemiterio.

Dende a comunidade de montes din que foi a mellor opción da construtora e que todo se está a facer conforme á lei.

Os afectados insisten en que queren saber agora onde están os restos dos seus avós alí soterrados. Francisco Cortés e a súa familia non saen da súa indignación, denuncian que a comunidade de montes perforou a súa sepultura para desaugar as pluviais do cemiterio da Alberguería.

Asegura que se opuxeron á obra en canto coñeceron o proxecto, pero que igualmente seguiron adiante con el. Cando chegaron ao camposanto e viron o tubo da discordia chamaron axiña a Garda Civil.

A Garda Civil investiga agora os feitos. Dende o concello de Nogueira de Ramuín din que a comunidade de montes ten licenza municipal e de patrimonio para facer estas obras.

Os afectados insisten en que é un delito contra o respecto aos seus avós defuntos aquí soterrados. Dende a comunidade de montes din que non se profanou tumba ningunha e que a obra para sanear o cemiterio fíxose de acordo á lei.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade