O Concello de Lalín denuncia a suposta agresión dos feirantes durante as festas patronais
O Concello de Lalín denuncia a suposta agresión dos feirantes durante as festas patronais
O alcalde, José Crespo, pide que se unifiquen os criterios das atraccións
As imaxes da pelexa proxectáronse este xoves no concello de Lalín como mostra do ocorrido durante as súas festas patronais.
O problema deriva de que os feirantes que se ían instalar non puideron facelo ao non cumprir co requirido na licitación. As festas quedaron sen atraccións e o Concello recorreu a unha empresa de inchables.
Un voceiro dos feirantes manifestou que eles só acudiron mirar se estes cumprían as condicións de seguridade, pero dende o Concello din que foron ameazar e agredir o persoal que había nelas.
"O empregado municipal puxo a correspondente denuncia e imos pedir danos e perdas non solo polo móbil que romperon senón tamén polos golpes que lle deron e polas agresións que houbo", explicou o alcalde de Lalín, José Crespo.
A lea aconteceu en plena celebración do Día do Neno e foi presenciada por moitos veciños.
"Que os ían matar, que se ían lembrar... estaban empurrando a xente e os nenos berraban". "A un rebentáronlle a camiseta, a outro tiráronlle o teléfono, ameazábannos para que non gravaramos".
Na vila todos concordan en que foi unha pelexa inadmisible e ademais antes os menores. O alcalde de Lalín quere propor agora na Fegamp que se unifiquen os criterios a seguir coas atraccións en toda Galicia para evitar episodios que estraguen as festas.