Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deportes, idiomas e música son as principais actividades extraescolares

Deportes, idiomas e música son as principais actividades extraescolares

As familias gastan arredor de 75 euros mensuais por cada menor

Fútbol e natación son os deportes máis demandados

G24.gal 11/09/2023 19:34 Última actualización 11/09/2023 19:46

Arredor de 75 euros mensuais por cada menor é o que gastan as familias nas actividades extraescolares dos seus fillos. As maioritarias son os deportes, cun 75%, e especialmente o fútbol e a natación que rozan o 45%. Tamén se dá importancia aos idiomas, e o 68% das familias envía os fillos a clases de reforzo. Nas academias buscan novos métodos pedagóxicos para facer máis atractivas as clases e non sobrecargar os alumnos das coñecidas como clases particulares.

A música é a principal actividade extraescolar dentro das do bloque de cultura e o 25% das familias envía os seus fillos aprender a tocar un instrumento. Tamén neste sector as novas tecnoloxías revolucionaron por completo os métodos educativos e é preciso adaptarse á chamada cultura das pantallas.

Os pedagogos insisten en que antes de enviar os menores ás actividades é preciso escoitar as súas preferencias e coñecer en que disciplinas poden ter máis oportunidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade