Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alumnos de Boborás trasladan a aula ao río Viñao

Alumnos de Boborás trasladan a aula ao río Viñao

É unha actividade organizada pola sociedade de pesca para achegar os cativos á natureza

Un biólogo explícalles a fauna do río e como supervisar o estado das augas

 

G24.gal 17/09/2024 14:13

A larva dunha libélula é un dos bichiños que habitan o río Viñao. Tamén hai cabaliños do demo, e outros seres invertebrados dos denominados macro. A misión destes cativos, de dez a doce anos, é identificar estes animais que serven de catalizador do estado das augas.

"Estamos buscando que bichos son os que hai aquí". "Se teñen un 10 é que o río está ben. Se teñen un 2 ou un 1, é que está mal". "De momento atopamos isto, que é o ovo dun bichiño", comentan varios cativos.

Eses mesmos invertebrados son os que inspiran os artesáns dos anzois, que empregan unha ampla variedade de materias primas para elaboraren cebos cos que atraer as troitas.

José Antonio Vinuesa, presidente da sociedade de pesca de Soutomaior: "Por exemplo, usamos moito plumas de pavo real, de avestruz... Miramos os insectos adultos e intentamos buscar os materiais que nos serven para imitar a súa cor, a súa forma, etc".

A sociedade de pesca do río Viñao xa leva uns anos convidando os colexios a participaren nesta actividade.

Herminio Fernández, presidente da sociedade de pesca do río Viñao: "Cremos que é moi importante que os rapaces saian á natureza, que coñezan o que hai no río, que é un tema moi descoñecido".

Unha clase motivadora para os cativos coincidindo co inicio de curso.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade