Publicador de contidos
Publicador de contidos

Limpan o leito e as marxes do río Te en Rianxo para evitar rebordamentos

Limpan o leito e as marxes do río Te en Rianxo para evitar rebordamentos

Augas de Galicia ordenou os traballos en sete quilómetros de Asados, o Araño e Taragoña 

Quitarán os restos secos do leito e farán rozas selectivas da vexetación da ribeira

G24.gal 31/05/2024 14:23

Os últimos quilómetros do curso do río Te discorren por terreo chan, por iso cando as temporais son fortes, o leito non dá abasto para acoller toda a auga. En lugares como A Laxe Grande están afeitos a convivir cos asolagamentos e miran máis as vantaxes ca os inconvenientes deste autorregulamento natural do caudal, porque a tradición di que se o río reborda polo menos tres veces no inverno haberá auga dabondo para o verán. 

Este ano están contentos porque as subas do río superaron bastante os mínimos que aconsella o saber popular. Pero hai lugares polos que circular durante as enchentes ten os seus riscos e mesmo se chega a cortar a circulación. 

Para minimizar o efecto das riadas nas zonas de máis risco, Augas de Galicia ordenou a execución de traballos de limpeza ao longo de sete quilómetros. Son os que transcorren polas parroquias do Araño, Asados e Taragoña. Os veciños celebran que se faga ese traballo, dado que agora non está permitido que sexan os particulares os que manteñan o leito limpo.

Os operarios da empresa Servitec, concesionaria dos traballos, retirarán os troncos e pólas secas e tamén a biomasa que invade o leito. E nos costados farán unha roza selectiva dos arbustos que compiten coas especies arbóreas propias da ribeira. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade