Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deportivo, Arenteiro e Lugo afrontan a xornada dominical coa necesidade de sumar puntos

Deportivo, Arenteiro e Lugo afrontan a xornada dominical coa necesidade de sumar puntos

O Deportivo busca a reacción nun campo difícil como o Toralín

O Lugo recibe a S. D. Logroñés (domingo 18:00 h, G2 e G24)

O Arenteiro recibe en Espiñedo o Sestao River

G24.gal 14/10/2023 13:30

Mañá domingo, ás seis da tarde, ante a Ponferradina, no Toralín o Deportivo tratará de quitar o mal sabor e boca que deixou a pasada fin de semana a derrota en Riazor ante o filial do Celta. Sen Balenciaga, Ximo, Yeremay, Barbero ou Muñoz, pero coa confianza en que os puntos han chegar.

Á mesma hora, ás seis da tarde, no Anxo Carro, o Lugo quere prolongar o seu bo momento, logo dun inicio de campionato cheo de incertezas. Entre elas, o rendemento de Víctor Narro, que trocou o seu estado de ánimo cun golazo.

Pecha a xornada para os galegos o Arenteiro, que recibe ao Sestao River, as oito no Espiñedo. Os de Javi Rey conseguiron un punto en Teruel mentres seguen co seu proceso de adaptación á nova categoría.

O Areiteiro, cun triunfo, sairía dos postos de descenso e afundiría aínda máis os vascos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos