Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desaloxan a terraza dunha cafetería de Ourense por desprendementos

Desaloxan a terraza dunha cafetería de Ourense por desprendementos

Non houbo danos persoais e o negocio segue pechado por seguridade

G24.gal 02/07/2024 13:57

A terraza dunha céntrica cafetería de Ourense tivo que ser desaloxada polos bombeiros porque estaban a caer cascotes do teito do inmoble. Por sorte non houbo danos persoais, pero o negocio segue pechado por seguridade. En Ourense denuncian que son moitos os edificios ruinosos, o que supón un perigo para os viandantes.

Os clientes da cafetería da rúa Alejandro Outeiriño asustáronse cando estaban na terraza e comezaron a caer cascallos. Axiña chamaron os bombeiros, que interviñeron para evitar máis desprendementos. Acordoaron a rúa e retiraron as mesas e cadeiras da terraza.

O propietario da cafetería ten que pechar o negocio ata que haxa seguridade, coas perdas que, denuncia fóra de cámara, lle supón. A Policía Local tivo que cortar tamén a rúa Galicia porque caían tellas e cascotes; por sorte non houbo danos persoais.

En Ourense son moitos os edificios en moi malas condicións que supoñen un risco para os viandantes. Piden a propietarios que os arranxen ou que o concello obrigue a facelo.

A escasos metros deste inmoble ruinoso, o antigo hotel Miño segue cuberto cunha malla despois de que se desprendera a cúpula este mesmo ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade