Cargando resultados...
Desaloxan cinco edificios por un incendio forestal no parque natural de La Albufera
Os fortes ventos dificultan a extinción doutros incendios en Alacante

G24.gal
12/02/2024 20:56
Última actualización 12/02/2024 21:12
Un impresionante incendio ameaza o parque natural de La Albufera, en Valencia. A virulencia das lapas e a intensa fumareda obrigou a evacuar cinco edificios no distrito de El Saler e trasladar os seus ocupantes a un hotel.
Hai tres hospitalizados por inhalación de fume. O lume avanza en tres frontes e na súa extinción participan 23 dotacións de bombeiros. Parte dos medios aéreos despregados tiveron que retirarse pola forza do vento.
As altas temperaturas e o forte vento tamén están dificultando a extinción de varios incendios forestais que se declararon na provincia de Alacante.