Desaloxan os pasaxeiros en Vilagarcía por unha incidencia nun tren entre Vigo e A Coruña
Desaloxan os pasaxeiros en Vilagarcía por unha incidencia nun tren entre Vigo e A Coruña
O tren xa circulaba con demora e ao chegar a estación arousá avisaron os usuarios de que debían baixar e agardar un novo convoi
Unha incidencia nun tren que cubría na mañá deste venres o traxecto entre Vigo e A Coruña obrigou a desaloxar aos pasaxeiros na estación de Vilagarcía de Arousa.
O servizo, que circulaba cuns 20 minutos de demora, chegou ás 10:30 horas estación vilagarciá pero, a pesar de que os pasaxeiros se subiron ao tren, non retomou a marcha.
Segundo trasladaron a Europa Press usuarios afectados, o revisor comunicou aos pasaxeiros que unha avaría impedía continuar e debían abandonar os vagóns para esperar á chegada dun novo tren.
Segundo informa Renfe, os viaxeiros serán recolocados nun novo servizo da liña entre Vigo e A Coruña, salvo os pasaxeiros con destino Catoira, Pontecesures e Padrón, que serán trasladados en taxi porque o novo tren non realiza esas paradas.