Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desaloxo no acceso do CHUO pola rotura dunha tubaxe de auga e a caída dun falso teito

Desaloxo no acceso do CHUO pola rotura dunha tubaxe de auga e a caída dun falso teito

O incidente non afectou a actividade asistencial no hospital ourensán

Non descartan que poida deberse a "unha mala ensamblaxe nunha tubaxe" ou a danos no falso teito pola chuvia

G24.gal 30/08/2024 13:05

A xerencia da área sanitaria de Ourense informou do desaloxo de varias persoas da zona de acceso a un dos edificios do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) debido á rotura dunha tubaxe rexistrada esta mañá e que provocou unha importante caída de auga.

O incidente produciuse arredor das 9:15 horas deste venres no novo edificio do hospital ourensán, e debido á rotura parte do falso teito terminou cedendo, tendo que ser esa zona acordoada.

Debido ao suceso, a dirección explicou que se procedeu a trasladar "de modo puntual" as persoas que se atopaban nas instalacións nese momento, aínda que precisaron que "en ningún momento" esta situación afectou a actividade asistencial. Ademais piden desculpas aos pacientes e usuarios "polas molestias que este incidente lles puido ocasionar".

Do mesmo xeito, informou de que o hospital xa está a traballar para solucionar a incidencia "o máis axiña posible" posible mentres avalían as causas do incidente, que non descartan que poida deberse a "unha mala ensamblaxe nunha tubaxe" ou a danos no falso teito pola chuvia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade