Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desaxolado un edificio no Milladoiro tras declararse un lume no último andar

Desaxolado un edificio no Milladoiro tras declararse un lume no último andar

As lapas afectaron gravemente un dos pisos máis altos, que estaba baleiro, pero non causaron danos persoais

G24.gal 14/09/2024 08:24 Última actualización 14/09/2024 19:57

Unhas trinta persoas tiveron que ser desaloxadas das súas vivendas por mor dun incendio acontecido nun edificio do Milladoiro, no concello de Ames.

As lapas afectaron gravemente un dos pisos máis altos do inmoble, que se atopaba baleiro, porque os seus propietarios estaban de vacacións.

Unha veciña foi a que deu a alarma, pouco despois da unha da mañá, e comezou a avisar a veciñanza para que fuxiran cara á rúa.

Ao lugar desprazáronse o GES de Brión e Bombeiros de Boiro e Santiago xunto coa Policía Local e a Garda Civil.

Non houbo persoas feridas e as desaloxadas puideron volver aos seus domicilios tres horas despois. O lume provocou cuantiosos danos na vivenda afectada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade