Cargando resultados...
Desaparece un octoxenario da súa casa en Pontevea
Encontraron efectos persoais do home, de 80 anos, preto da ponte medieval
Familia e veciñanza agardaron noticias da busca na ponte medieval ata o solpor
G24.gal
20/12/2023 20:16
Última actualización 20/12/2023 20:56
Ás nove da mañá retomarase o operativo de busca para encontrar o veciño de Pontevea, de 80 anos e mobilidade reducida, que desapareceu á mañá da casa.
A busca, en que interveñen Garda Civil do Milladoiro e Protección Civil de Teo canda a veciñanza, interrompeuse ao solpor.
Levaban buscando desde as tres da tarde pola zona próxima á Praíña, nas inmediacións da ponte medieval, onde apareceron pezas de roupa do desaparecido.