Cargando resultados...
Desartellada unha rede que falsificaba pasaportes covid e PCR
Desartellada unha rede que falsificaba pasaportes covid e PCR
A policía ten identificadas 1.600 persoas só en Madrid inscritas de xeito fraudulento no rexistro de vacinación
G24.gal
25/01/2022 14:03
A Policía Nacional detivo en Madrid e Barcelona sete integrantes dunha rede que falsificaba pasaportes covid e probas PCR.
A esta organización acudían persoeiros famosos e tamén delincuentes que pagaban 50 euros por unha PCR negativa, 200 euros por un pasaporte covid fraudulento e ata 1.000 euros por entrar ademais no rexistro nacional de vacinación coa pauta completa.
Só na Comunidade de Madrid, a policía ten identificadas 1.600 persoas inscritas de xeito fraudulento. A rede esixía, segundo a voceira da Policía Nacional, o pago en criptomoedas para dificultar a investigación.