Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desarticulada en Madrid unha banda que escravizaba sexualmente as mulleres

Desarticulada en Madrid unha banda que escravizaba sexualmente as mulleres

Dúas mulleres liberadas e catro membros da banda detidos

As mulleres tiñan que traballar os 365 días do ano
G24.gal 08/07/2023 13:16 Última actualización 08/07/2023 13:29

As vítimas da trata eran captadas preferentemente en países suramericanos, aínda que tamén había españolas. Unha vez en Madrid, as mulleres eran recluídas en lugares destinados á prostitución, e sometidas a un réxime moi semellante á escravitude:

As vítimas traballaban 24 horas, os sete días da semana, tiñan que durmir con roupa sensual e estar maquilladas. Non podían rexeitar ningún servizo sexual, e se o cliente non quedaba satisfeito tiñan que facer outro servizo, sen recibir nada a cambio, sinalou a voceira da Policía Nacional.

A operación policial permitiu liberar dúas mulleres e deter catro membros da banda, acusados de trata de seres humanos con fins de explotación sexual.

A Policía ten unha liña gratuíta para denunciar: 900 10 50 90

A Policía Nacional lembra que hai unha liña telefónica gratuíta, 900 10 50 90 e un correo electrónico, trata@policia.es para facilitar a colaboración dos cidadáns, que poden denunciar estes delitos de xeito anónimo e confidencial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade