Desarticulada unha banda internacional con presenza en Galicia e dedicada á fraude fiscal
Desarticulada unha banda internacional con presenza en Galicia e dedicada á fraude fiscal
A organización, centrada en España, tiña o líder en Italia e está acusada dunha fraude de 25 millóns de euros
Unha operación policial dirixida pola Fiscalía europea acabou con rexistros e intervencións en nove provincias españolas, entre elas a de Pontevedra, para desarticular unha organización criminal internacional dedicada á fraude fiscal.
A banda, centrada en España, pero co líder en Italia e membros noutros seis países europeos, negociaba na compravenda de teléfonos e outros dispositivos electrónicos a grande escala.
As súas facturas eran, supostamente, falsas, co que eludían o pagamento do IVE e logo solicitaban a Facenda a devolución do imposto. O seguinte paso tíñano no branqueo dos cartos. A fraude cometida superaría os 25 millóns de euros.
Só en España detiveron nove persoas e investigan catro máis, interviñeron 24 propiedades, 40 millóns de euros e varios coches de luxo.