Publicador de contidos
Publicador de contidos

Descobren unha nova especie de esponxa mariña en augas galegas

Descobren unha nova especie de esponxa mariña en augas galegas

A especie foi colleitada por primeira vez na ría de Arousa a 30 metros de profundidade mediante técnicas de mergullo

Trátase dunha especie pertencente ao xénero Biemna, do que só se describiu anteriormente unha especie en augas galegas e cinco en augas europeas

G24.gal 09/05/2024 13:40

Un equipo científico do Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC) e do Grupo de Estudo do Medio Mariño (GEMM) de Ribeira descubriu unha nova especie de esponxa mariña non catalogada ata a data.

A especie foi recollida por primeira vez na ría de Arousa a 30 metros de profundidade mediante técnicas de mergullo. Trátase dunha especie pertencente ao xénero Biemna, do que só se describiu anteriormente unha especie en augas galegas e cinco en augas europeas.

"A morfoloxía da nova especie é de forma de coxín semiesférico con numerosas proxeccións tubulares que emerxen da base, terminan nos ósculos que conducen a auga ao exterior despois de ser filtrada e presentan unha cor xeral vermella bordeos ou crema", explicou Javier Cristobo, investigador do Centro Oceanográfico de Xixón e primeiro autor do traballo.

Os exemplares atopáronse entre 20 e 30 metros de profundidade, en fondos duros detríticos, principalmente en superficies rochosas horizontais cubertas por finas capas de sedimentos. Os espécimes collidos en xullo mostraron xemas reprodutivas ao longo das papilas.

O nome elixido para esta especie foi Biemna begonae en homenaxe a Begoña Pérez Dieste (1965-2021), entusiasta defensora do medio mariño e irmá dun dos coautores. Este traballo foi posible grazas á colaboración do Instituto Español de Oceanografía, que a través do equipo de investigación ECOMARG estuda a biodiversidade bentónica na demarcación noratlántica a través varios proxectos de investigación, e a organización sen ánimo de lucro Grupo de Estudo do Medio Mariño (GEMM), creada en 2010 para mellorar o coñecemento sobre a fauna mariña das costas galegas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade