Cargando resultados...
Desde a Xunta instan o Ministerio de Transportes a dar explicacións do acontecido co tren Alvia
Desde a Xunta instan o Ministerio de Transportes a dar explicacións do acontecido co tren Alvia
A conselleira de Infraestruturas conmina o Goberno central a garantir a seguridade nos servizos ferroviarios
G24.gal
27/08/2022 14:52
Última actualización 27/08/2022 15:05
Desde a Xunta instaban este sábado o Ministerio de Transportes a dar explicacións do acontecido no descarrilamento do tren Alvia, e a garantir a seguridade nos servizos ferroviarios.
"O Ministerio de Transportes, que é o responsable deses trens, e o Goberno de España, o responsable dese servizo ferroviario, debe dar explicacións. Non teñen explicacións nin á cidadanía nin aos pasaxeiros nin á Xunta. O Ministerio debe garantir a seguridade ao cen por cen nas liñas ferroviarias", di Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas.