Galicia vive un dos momentos máis activos desde 2017 no movemento de coca a través do Atlántico
Galicia vive un dos momentos máis activos desde 2017 no movemento de coca a través do Atlántico
Detrás deste boom está a sobreprodución nos países de orixe, sobre todo Colimbia e O Perú
Desde o ano 2017 Galicia vive un dos momentos máis activos no movemento de cocaína a través do Atlántico. Din os expertos que tanto como nos anos oitenta ou máis; iso si, con organizacións moi distintas aos clans daquela época.
Outra das causas do incremento do narcotráfico está na sobreprodución nos países de orixe, o que ten como efecto unha importante baixada do prezo desta droga. Os sistemas para introducila na nosa comunidade son cada vez máis sofisticados.
Lonxe de erradicarse, o narcotráfico segue a ser un negocio con difícil solución.
Desde a Fundación Galega contra o Narcotráfico insisten en que a principal vía para solucionar o problema pasa polo endurecemento das penas.