Desde o sábado ata luns estará cortado o tráfico ferroviario entre Ourense e Santiago por obras
Desde o sábado ata luns estará cortado o tráfico ferroviario entre Ourense e Santiago por obras
O motivo son as obras de instalación do sistema de seguridade ERTMS
Os viaxeiros terán que facer ese traxecto en autobús co plan habilitado por Renfe
Tamén hai cambios para os que viaxen nos Alvia entre Galicia e Madrid
As obras de instalación do sistema de seguridade ERTMS obrigaron a cortar o tráfico ferroviario entre Ourense e Santiago desde este sábado ata o vindeiro luns. Os viaxeiros terán que facer ese traxecto en autobús.
Renfe habilitou un plan alternativo por estrada para os que tiñan previsto ir en tren de Ourense e Santiago ao longo destes tres días de obras.
Cambios nos Alvia entre Galicia e Madrid
E tamén hai cambios para os que viaxen nos Alvia entre Galicia e Madrid. En Vigo, o punto de partida e de regreso deses trens será a estación de Guixar e non a de Urzáiz, como é habitual; e os viaxeiros que saian ou regresen de Madrid doutras estacións galegas, entre elas a de Santiago, Pontevedra e A Coruña, terán que facer parte do traxecto en bus.
O mesmo acontece entre Galicia e Cataluña. Como resultado, as viaxes faranse máis longas, así que Renfe dá a opción de cambiar ou anular os billetes.