A abundante choiva causa unha desfeita na produción de cereal na Limia
A abundante choiva causa unha desfeita na produción de cereal na Limia
O pouco trigo de inverno, centeo ou colza que se puido sementar non vai saír adiante
As perdas na importante comarca agrícola da Limia van ser millonarias segundo calculan os produtores de cereal. A estas alturas, de 13.000 hectáreas que se acostuman sementar, en 7.000 non se puido xa botar nada porque as parcelas están anegadas.
A abundante chuvia dende o 1 de outubro superou só no concello de Xinzo de Limia os 500 litros por metro cadrado. E o pouco trigo de inverno, centeo ou colza que si se puido sementar está enchoupado e non vai saír adiante.
A lagoa de Antela recupera o seu espazo. A choiva continua dende outubro anegan as parcelas que terían que estar producindo o cereal de inverno.
300 hectáreas de colza están podrecidas. Calculan que as perdas son cuantiosas que se perderán na Limia uns 25 millóns de quilos de cereal.
Agora a esperanza está posta no cereal de primavera, pero nin é tan rendible e depende tamén do tempo.