Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desfile de castrexos e tropas romanas en Madrid para divulgar o Arde Lucus

Desfile de castrexos e tropas romanas en Madrid para divulgar o Arde Lucus

Case un cento de membros de 19 asociacións atraeron as miradas na capital

A festa este ano confía en conseguir a declaración de interese turístico internacional

G24.gal 21/01/2023 21:14 Última actualización 21/01/2023 21:46

Romanos e castrexos tomaron desta volta as rúas de Madrid para dar a coñecer a festa do Arde Lucus, que este ano se celebra entre o 22 e o 25 de xuño.

Representantes de 19 asociacións que participan nesta festa que lembra a orixe da cidade lucense fixeron retumbar os seus tambores e desfilaron con paso marcial, atraendo a mirada de moitos curiosos.

A intención é atraer visitantes a gozar este verán do Arde Lucus, unha celebración para a que se acaba de solicitar o recoñecemento de festa de interese internacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade