Cargando resultados...
Desafiuzan unha muller en Cangas que convivía con 30 gatos
Desafiuzan unha muller en Cangas que convivía con 30 gatos
Unha protectora de animais local busca fogares para as mascotas
G24.gal
03/07/2023 15:12
Última actualización 03/07/2023 17:42
Contra a unha do mediodía fíxose efectivo o desafiuzamento por orde xudicial dunha muller que vivía con 30 gatos nun piso de Rodeira, en Cangas.
Unha protectora de animais, alertada polo Concello, fíxose cargo dos 30 animais ata que lles encontren novo fogar.
O desafiuzamento chega tras anos de queixas da veciñanza do edificio.
A muller, que vive dunha pequena pensión agraria, asegura que nunca deixou de pagar o piso que xa estaba, di, en mal estado antes dos gatos.