Desmantelan cinco plantacións destinadas ao cultivo masivo de marihuana
Desmantelan cinco plantacións destinadas ao cultivo masivo de marihuana
A policía detivo 14 persoas e realizou varios rexistros en pisos e naves industriais
Incautáronse de más de 4.000 plantas de marihuana e 10.000 euros en efectivo
A policía desmantelou cinco macroplantacións de marihuana e detivo 14 persoas. Impútanlles os delitos de tráfico de drogas, pertenza a organización criminal e fraude na subministración eléctrica.
A organización estaba asentada en Barcelona e contaba con numerosas naves para o cultivo da droga, que despois distribuía a distintos países de Europa.
A investigación comezou hai un ano cando a Policía detectou varias persoas que, presuntamente, lle daban cobertura a unha organización criminal de orixe albanés para asentarse en Cataluña.
"O principal intermediario tiña elevados coñecementos no sector inmobiliario e o que facía era facilitar o alugueiro de naves industriais para que esta organización criminal instalase as plantacións de marihuana".
Enerxía ilegal
Nestas naves, situadas en polígonos illados, cultivaban a droga que despois distribuían por diferentes países de Europa. Para mantelas precisaban unha gran cantidade de enerxía eléctrica, que conseguían ilegalmente.
"Facíano a través dun sistema bastante complexo que por unha parte dificultaba a investigación policial e por outra poñían en perigo as propiedades lindeiras, polo perigo de incendio".
Os catorce detidos están acusados de tráfico de drogas, pertenza a organización criminal e fraude na subministración da luz.
Os axentes fixeron nove rexistros en pisos e naves industriais e incautáronse máis de 4.000 plantas de marihuana, 10.000 euros en efectivo e material utilizado nas plantacións como ventiladores, aires acondicionados e extractores.