Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desvían a Santiago, por motivos técnicos, un avión que se dirixía a Alvedro

Desvían a Santiago, por motivos técnicos, un avión que se dirixía a Alvedro

Minutos antes outra aeronave aterrou sen problemas en Alvedro

G24.gal 02/01/2022 13:01

O avión de Vueling procedente do aeroporto do Prat con saída ás 07:00 horas e que tiña previsto aterrar ás 08:45 horas na Coruña foi desviado á Lavacolla por motivos técnicos, como reflicte a web da compañía aérea.

Descoñécense máis detalles sobre as causas que motivan este desvío. As condicións meteorolóxicas a esa hora eran boas para a aterraxe na terminal coruñesa de Alvedro. Así, ás 08:30 tomou terra un voo de Iberia procedente de Madrid-Baraxas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade