Cargando resultados...
Deteñen dúas veciñas da Pobra do Caramiñal por tráfico de drogas
Comisáronlles 43 doses de cocaína, 6 de heroína, 18 pastillas de metadona
G24.gal
04/11/2021 16:11
Dúas veciñas da Pobra do Caramiñal foron detidas pola Garda Civil de Boiro acusadas dun delito contra a saúde pública.
Os axentes iniciaron en agosto pasado unha investigación que concluíu que as dúas mulleres vendían de xeito regular pequenas cantidades de droga a consumidores habituais na comarca da Barbanza.
Tras interceptar unha delas na vía pública procedeuse aos rexistros dos seus domicilios, onde comisaron 43 doses de cocaína, 6 de heroína, 18 pastillas de metadona, preto de 800 euros en efectivo e diversos útiles para a manipulación e preparación das drogas.