Detectan ata 3.000 estorniños nos xardíns do pazo de San Marcos en Lugo
Detectan ata 3.000 estorniños nos xardíns do pazo de San Marcos en Lugo
Queixas pola sucidade e polo mal cheiro que deixan as aves no centro da cidade
O Concello toma medidas para reducir a poboación desta especie na zona
As nubes de estorniños que sobrevoan o centro de Lugo adoitan ofrecer fermosas imaxes, coas súas coreografías no ceo crepuscular.
Pero, ao mesmo tempo, as bandadas que descansan na zona tamén teñen a súa cara negativa, posto que deixan todo ao seu paso ciscado de deposicións e con mal cheiro. Sobre todo no adarve da muralla e nos xardíns do pazo de San Marcos, onde se detectaron miles de exemplares.
Ante as queixas dos veciños da contorna, dende o Concello de Lugo comezaron a tomar medidas. Para espantar as aves, usan sistemas de son de alarma fixos e móbiles.
Segundo a área de Medio Ambiente, grazas aos labores de disuasión, conseguiron reducir a poboación de estorniños nesta zona de 3.000 a 200 exemplares.