Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detectan medusas veleiro en cinco praias de Ferrol

Detectan medusas veleiro en cinco praias de Ferrol

Non son perigosas, pero recomendan non tocalas porque poderían producir reaccións en ollos, beizos e feridas abertas

G24.gal 25/07/2023 19:42

O servizo de socorrismo de Ferrol detectou este martes medusas veleiro, 'Aequorea forskalea', nos areais de Doniños, San Xurxo, Marmadeiro, Ponzos e Sartaña.

Esta especie non é urticante nin perigosa, pero, aínda así, Protección Civil recomendou evitar tocalas cos dedos e fregarse despois os ollos, os beizos ou feridas abertas, xa que isto si podería xerar algunha reacción.

O seu aspecto caracterízase pola cor azul e pola lámina en forma de vela que as fai sobresaír da auga. A súa morfoloxía é parecida á da carabela portuguesa, aínda que de menor tamaño.

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) recomendou a súa retirada das praias, algo que xa comezaron a facer operarios do Concello.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos