Deteñen un presunto ladrón en Pontevedra e mórdelle a un axente
As empregadas da perfumería alertaron a Policia e interceptárono uns metros máis adiante
Mantivo a súa actitude violenta e mesmo lle mordeu a un axente
Co susto aínda no corpo, a dependenta dunha perfumería da rúa Oliva de Pontevedra que onte tivo que enfrontarse a un individuo cando detectou que intentaba roubar, non foi quen de relatarnos diante da cámara o episodio. Pero desde a outra beira da rúa, Naty presenciouno todo.
As empregadas da perfumería alertaron á Policia e interceptárono uns metros máis adiante. Mantivo a súa actitude violenta e mesmo lle mordeu a un axente. Detivérono e incautáronlle produtos que roubara noutros establecementos.
Na rúa Oliva din estar afeitos e fartos deste tipo de situacións. Din que persoas con problemas de drogadicción que se reúnen na praza da Ferrería, cando precisan cartos para consumir, acoden roubar a esta zona.
A Policía mesmo lles facilitou unha especie de decálogo de como actuar fronte a este tipo de situacións.