Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un veciño de Verín por roubar 240 metros de cable telefónico

Detido un veciño de Verín por roubar 240 metros de cable telefónico

Segundo informan as autoridades, o home cortara todo ese cable telefónico entre Porto e Vilar de Barrio

Cable telefónico que roubou entre Porto e Vilar de Barrio Cable telefónico que roubou entre Porto e Vilar de Barrio
G24.gal 06/02/2025 12:14 Última actualización 06/02/2025 12:37

A Gardia Civil de Vilar de Barrio detivo un veciño de 40 anos de idade como presunto autor dun delito de furto en Verín (Ourense). A detención produciuse tras ser sorprendido polos axentes mentres manipulaba 240 metros de cable telefónico que cortou entre Porto e Vilar de Barrio.

Grazas á intervención, as autoridades lograron recuperar o cable subtraído, así como varias ferramentas que o detido utilizara para levar a cabo a manipulación do material roubado. 

O caso foi posto á disposición do Xulgado de Instrución de Xinzo de Limia, que será o encargado de determinar as medidas xudiciais correspondentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade