Publicador de contidos
Publicador de contidos

A prisión dous italianos detidos en Vigo nunha operación internacional contra a Cosa Nostra

A prisión dous italianos detidos en Vigo nunha operación internacional contra a Cosa Nostra

Os arrestos enmárcanse nun operativo internacional simultáneo en Italia, España e Portugal

G24.gal 22/02/2024 15:04 Última actualización 22/02/2024 17:48

Dúas persoas foron detidas en Vigo no marco dunha operación internacional relacionada coa organización criminal Cosa Nostra, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Durante este xoves realizáronse varias entradas e rexistros en domicilios, dous deles en Vigo, en relación cunha Orde Europea de Investigación en materia penal (OEI) enviada polas autoridades de Italia.

Esas actuacións realizáronse no marco dun operativo simultáneo en Italia, España e Portugal sobre unha organización vinculada á Cosa Nostra por falsidade documental, fraude fiscal, branqueo de capitais e integración en organización criminal.

No caso de Vigo, procedeuse a dúas detencións de cidadáns italianos que foron postos ao dispor da Audiencia Nacional para resolver a Orde Europa de Detención tramitada por Italia.

Ese trámite realizouse por videoconferencia desde o Xulgado de Instrución número 4 de Vigo, en funcións de garda. Unha vez as dúas persoas foron detidas, coordinouse coa Audiencia Nacional a súa posta a disposición e o Xulgado central de instrución 2 acordouse o seu ingreso en prisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade