Morre aos 61 anos o 'capo' da mafia siliciana Matteo Messina Denaro
Morre aos 61 anos o 'capo' da mafia siliciana Matteo Messina Denaro
Era o xefe da Cosa Nostra máis buscado de Italia
Fora condenado a seis cadeas perpetuas polo asasinato do xuíz Falcone e varios atentados mortais
O capo da mafia siciliana Matteo Messina Denaro faleceu esta noite, aos 61 anos, no hospital do centro de Italia en que estaba ingresado. Fora capturado en Palermo en xaneiro despois de 30 anos prófugo da xustiza. Era o xefe da Cosa Nostra máis buscado de Italia.
A súa saúde deteriorárase hai un mes tras dúas operacións a causa do cancro de colon que padecía. Fora condenado a seis cadeas perpetuas polo asasinato do xuíz Falcone e varios atentados mortais.
"É o final dunha historia que fala de violencia e de sangue, de sufrimento e de heroísmo. O epílogo dunha existencia vivida sen remorsos nin arrepentimentos. Un capítulo doloroso da historia recente da nosa nación que non podemos borrar, pero cuxo final podemos contar hoxe grazas ao traballo das mulleres e os homes que dedicaron a súa vida á loita contra a criminalidade", dixo o alcalde de L'Aquila, Pierluigi Biondi, un dos primeiros en comentar a morte.