Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen nunha gasolineira de Sanxenxo a Javillo, un dos grandes capos da heroína

Deteñen nunha gasolineira de Sanxenxo a Javillo, un dos grandes capos da heroína

Canda el arrestaron a muller, o fillo e quen o acompañaba na gasolineira 

Este venres pasan a disposición xudicial en Ourense

Momento da detención de Javillo
G24.gal 10/12/2021 08:39

Cae en Sanxenxo Javillo, un dos grandes capos da heroína en España. Detivérono nunha estación de servizo de Sanxenxo. Francisco Javier Janeiro, de Vilanova de Arousa, levaba fuxido dende 2020.

Hai vinte anos controlaba o 60 % do cabalo que se movía entre Galicia e Portugal. Pero aínda coñece o negocio: segundo transcendeu, xusto antes da detención recibira seis quilos de heroína dende Colombia.

Nesta operación, coordinada polo fiscal antidroga de Ourense e o maxistrado de Instrución 2 das Burgas Luís Doval, producíronse cinco detencións. Xunto con Javillo arrestaron a muller, o fillo e quen o acompañaba na gasolineira.

A causa está declarada secreta e o paso a disposición xudicial dos investigados prevese para este venres en Ourense. Ao longo da xornada deste xoves levaron a cabo varios rexistros. 

Nesta operación colaboraron a Garda Civil da Comandancia de Ourense, o Servizo de Vixilancia Aduaneira, e a Unidade de Droga e Crime Organizado da Policía Nacional.

Javillo atopábase prófugo da xustiza despois de que en 2020 o Tribunal Supremo o condenase a oito anos de cárcere por traficar con heroína en alianza con cidadáns turcos.

Precisamente á beira do maior narco deste tipo de droga, Sabdullah Unnu, alias Nicol, sería detido o narco de Vilanova en 2019.

Tras lograr saír en liberdade provisoria, o capo aproveitou para escapar e reincidir na súa única ocupación coñecida xa desde os anos 90: a distribución da máis daniña das drogas en territorio español.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade